Sintonía representa a harmonía que buscamos recuperar cando pasamos por momentos difíciles, así como a conexión con nós mesmos e cos demais.

No noso centro, temos os seguintes obxectivos:

Sintonizar con cada paciente entendendo a súa historia e mailos seus retos dende un enfoque próximo e humano.

Traballar en equipo integrando diferentes disciplinas para ofrecer unha intervención personalizada.

Acompañar a cada persoa e á súa familia creando un ambiente de apoio e colaboración.

Evolucionar constantemente formándonos e axustando as nosas estratexias, buscando ofrecer sempre o mellor para cada caso.

Porque, en cada proceso, a clave é atopar a mellor sintonía.

Tes algunha dúbida?

Sabemos que, no momento de solicitar unha consulta ou comezar un tratamento, adoitan xurdir diferentes dúbidas, e nós resolveremos con moito gusto cada unha delas.

Podes escribirnos por correo electrónico ou WhatsApp para solicitar máis información.