Equipo profesional
Tanto se buscas apoio psicolóxico como de logopedia, o noso equipo está aquí para axudarche a atopar a túa propia sintonía.
Florencia Testa Milione
Psicóloga sanitaria e neuropsicóloga · G-6504
A comprensión profunda do noso cerebro, o seu desenvolvemento, os procesos cognitivos, as emocións e a conducta humana apasiónanme, pero o que realmente me motiva a traballar como psicóloga é a miña vocación de axudar os demais a superar as súas dificultades con calidez, compromiso e honestidade. Non hai maior satisfacción que ver como as persoas son capaces de superar as adversidades e avanzar no seu desenvolvemento persoal.
Para min, ser profesional implica paixón pola aprendizaxe e a mellora continua. Por iso desfruto actualizándome na miña profesión e enriquecéndome do intercambio con outros psicólogos, pero tamén con outros especialistas, o que me axuda a ter unha visión máis completa da realidade das persoas, das súas fortalezas e dos retos cos que se enfrontan.


No ano 2008 comencei a Licenciatura en Psicoloxía en Santiago de Compostela, onde cursei tamén o Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria.
Coa práctica clínica, comecei a centrar a miña formación no neurodesenvolvemento e as neurodiverxencias.
No 2025, xunto con Helena, cofundei Sintonía, para crear un espazo onde a integridade e o compromiso sexan o eixo de cada proceso.
Cumprín o meu soño especializándome en neuropsicoloxía, estudando o Máster en Neuropsicoloxía Clínica no ISEP Madrid.
Estou certificada pola Universidade de Barcelona na formación clínica dos instrumentos diagnósticos ADI-R e ADOS-2.










Helena Lamosa Lopes
Logopeda · N15/633
Considero a miña carreira como logopeda un compromiso persoal. Cada día, esfórzome por crear un ambiente de confianza e apoio onde os meus pacientes se sintan cómodos para expresarse e traballar nas súas habilidades. Creo firmemente que a comunicación é unha ferramenta fundamental para conectar co mundo e cos demais, e gústame guiar a cada persoa no seu camiño cara a unha mellor expresión.
No meu traballo, gústame ofrecer un enfoque profesional e personalizado. Cada intervención está deseñada a medida, tendo en conta as necesidades e obxectivos específicos dos meus pacientes.


No 2014 comencei o Grado en Logopedia na Universidade de A Coruña.
Mediante a práctica clínica e a formación continua, especialiceime nos trastornos da fluidez, como a tartamudez.
Conto con máis de sete anos de experiencia no campo da logopedia, intervindo especialmente nos trastornos da fala e da linguaxe, tanto oral como escrita, e acompañando nenos con autismo no seu desenvolvemento comunicativo.
No 2025, xunto con Flor, cofundei Sintonía, motivada polo desexo de ofrecer un espazo cálido e altamente cualificado.





